GRAN PARTIDO DO ALS XIRIA B QUE VENCE CON CONTUNDENCIA AO PONTEDEUME

ALS XIRIA B 46- GALITRANS BM PONTEDEUME 17

O ALS XIRIA B chegaba a este partido con gañas de vitoria pois cada partido conseguía xogar mellor sen embargo, a inexperiencia en moitos facía que non conseguise rematar o partido con vitoria.  De este xeito,  este equipo ten que ir crecendo aos poucos en cada partido.

O comezo do partido estivo igualado, os carballeses tiñan desxustes na zona de balón, desaxustes individuais en moitos casos. Sen embargo, no ataque conseguíase desprazar o balón de unha zona a outra do campo ata chegar a algún tipo de superioridade. Con todo, logo de axustarse na defensa o ALS conseguía marcharse no partido, grazas a  unha serie de boas defensa unidas a contras ben logradas facía que os carballeses se marchasen con firmeza no marcador. De este xeito chegouse ao 18-10 ao descanso.

Á volta dos vestiarios, o ALS con unha defensa moi activa conseguía provocar moitas perdas de balón no equipo visitante e así pouco a pouco irse distanciando máis no marcador. Os carballeses estiveron moi serios durante toda a segunda metade conseguindo así que o partido tiveses só un dono nesta segunda metade.

O ALS suma os primeiros puntos e leva unha alegría coma premio ao traballo feito dende os adestramentos. A nota máis positiva e a mellora que continúan a ter aos poucos.