A pesar da remontada na segunda metade, as nosas non son quen de acadar os dous puntos diante do SAR Rodavigo.
O encontro presentábase como de máxima igualdade e non defraudou. Nunha primeira metade marcada polos erros en ataque das carballesas e as paradas de porteira visitante, as nosas xuvenís terminaron sucumbindo ante as boas accións de un para un da SAR.
Cun resultado parcial de 7-11 ó descanso, a SAR prantouse na segunda metade moito máis asentada e pronto reflexouse no marcador cunha vantaxe de 8 goles. Isto non amedrentou as nosas, cunha defensa moi activa apoiada nas paradas de Lucía pronto reducía a distancia a só dous goles. Nun intenso final, os puntos escapáronse pola mínima ata Redondela (22-23).
Esta semana o HVU viaxa ata Vigo para xogar contra o UB Lavadores.