O Tubasys Xiria consegue unha vitoria que as coloca no 1º posto da Liga Prata

O Tubasys Xiria asaltou o liderato do seu grupo na Liga Prata despois dunha contundente victoria en Cabral, Vigo.

As carballesas comezaron dubitativas en defensa e con algúns erros no pase, manténdose a igualdade ata o minuto dez. Pouco a pouco, o Tubasys Xiria conseguiu algo máis de solidez atrás, provocando os erros das viguesas e aproveitando as contras para escapar no electrónico. A diferenza de oito goles ao descanso (9-17), deixaba pouca marxe a unha posible remontada no segundo tempo do equipo local, que se presentaba na xornada como líder.

No segundo tempo a diferenza entre ambos equipos aumentou ata unha máxima diferenza (10-26) que só se vería disminuída nos minutos finais do encontro.

Despois desta vitoria, as cadetes do Xiria lideran o grupo e recibirán na casa na próxima xornada ao Bm. Sanxenxo.