Importante vitoria do Laber Xiria fronte ao Culleredo

O pasado sábado, día 3, o Laber Xiria xogaba no Vila de Noia o partido pertencente á xornada 3, partido que fora aprazado con anterioridade. O partido antoxábase igualado, un duelo entre os dous equipos que, a priori, ían a loitar pola segunda praza  do grupo.

De este xeito, o Laber afrontaba o partido con moitas ganas de facer un bo papel, con un Vila de Noia que amosaba un gran ambiente nas bancadas. Todos os factores facían indicar que se ía a desfrutar de unha boa tarde de balonmán no Vila de Noia.

O comezo do partido estivo marcado polos erros propios dos nervios inicias por ambos equipos. Sen embargo, co paso dos minutos a intensidade da defensa local foi quen de impoñerse grazas á sua defensa que amosaba unha intensidade e garra que ocultaba os posibles erros individuais. Grazas a esa intensidade e, á aportación de cada xogador que saía ao campo o Laber conseguía marchar ao descanso 16-10.

Ao comezo da segunda metade o Culleredo conseguía recurtar distancias debido a que os carballeses saíron do descanso demasiado relaxados. Sen embargo, unha vez que pasaron os primeiros minutos o Laber volviu a amosar a súa intensidade. O club visitante, tentando recurtar diferenzas propuxo unha defensa 5-1 e unha defensa mixta, sen embargo o Laber mediante os procedementos do seu modelo de xogo e algunha situación conseguía manter a diferenza e ,incluso, aumentala.

O final do partido, 29-21, deixa boas sensación aos carballeses en canto a intensidade e traballo e afianza ao equipo na segunda posición do grupo. Con todo, hai que seguir a traballar arreo.