Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Infantil feminino

Mal primeiro partido do ano para o Tubasys Xiria

TUBASYS XIRIA 17 – 42 LAPAMÁN ÁREA DE SERVICIO BUEU ATL. BM Partido correspondente á décima xornada da Liga Ouro, desputado en Carballo. Primeiro partido deste 2025 para o Tubasys…

TUBASYS XIRIA 17 – 42 LAPAMÁN ÁREA DE SERVICIO BUEU ATL. BM

Partido correspondente á décima xornada da Liga Ouro, desputado en Carballo. Primeiro partido deste 2025 para o Tubasys Xiria, que non obtivo o resultado esperado.

Dende o comezo o Bueu impuxo o seu xogo e dou un recital de xogo para demostrar por qué se atopan na loita polo primeiro posto de liga.

As do Tubasys non foron quen de parar os ataques rivais, e a iso sumábanselle as boas accións da porteira rival que non permitían apretar o marcador. Este foi un partido para aprender e seguir traballando.

Na próxima xornada, o Tubasys Xiria viaxa a Sanxenxo na busca dos primeiros 2 puntos do 2025.

Próximo partido

Máis sobre isto