Despois dunha fase de clasificación indo de menos a máis; disputando 3 partidos para lograr ser primeiro e poder organizar así o playoff de ascenso a liga Ouro, en Carballo. E tamén partir como cabeza de serie no sorteo.
Empezaba a fase de clasificación en Carballo ante o UB Lavadores Vigo, logrando unha contundente vitoriadiante dun equipo vigués formado tamén con xogadores de categoría cadete (42-10). Boa toma contacto para disputar así o primeiro partido de competición oficial.
A xornada 2, difícil desprazamento ata O Rosal, para xogar contra o Valinox Novás. Ademais o Montaxes Carballo Xiria, viaxaba cun hándicap. Debía de gañar o partido e se na segunda metade había a oportunidade de lograr gañar de máis de 7 goles, debería tentalo para chegar á última xornada co golaverage a favor na disputa polo primeiro posto ante Bueu. Así o logrou cun gol nos instantes finais de Daniel Periscal (18-26).
A última xornada por tanto, disputaríase en Carballo, ante Socaire Arquitectos Bueu Atl. Balonman. Os visitantes xogaron mellor a primeira parte, abrigo os primeiros 15 minutos; o Montaxes Carballo Xiria tiña moitos problemas defensivos, pero o excelente labor de Samuel Soneira en portería, permitiu irse ao descanso con 15 a 9 favorable, nun resultado enganoso. A segunda metade, igualáronse máis as cousas. A defensa seguía con algunhas dubidas pero a efectividade do ataque permitiu ao Xiria gañar o encontro (31 a 28). Esta fin de semana a disputa dos play off de ascenso seguro que nos deparará grandes momentos cun equipo que quere xogar en liga Ouro esta tempada.
Convocatoria: Samuel Soneira (p), Antón Pardiñas (p), Izan Cabeza (p), Marcos Varela, Brais Suárez, Marcos Suárez, Jorge Rodríguez, Diego Mourelle, Daniel Periscal, Aday Gómez, Andrés Pombo, Nico Cancela, Simón Viña, Maxi Díaz, Álvaro García,