Nova vitoria a domicilio do Marmolería José Rey
Os carballeses desprazaronse ata Narón para tentar sacar os dous puntos para seguir na pelexa desta fase norte. Os visitantes sairon coma motos, impoñendo gran nivel defensivo e movendo rápido…

Os carballeses desprazaronse ata Narón para tentar sacar os dous puntos para seguir na pelexa desta fase norte. Os visitantes sairon coma motos, impoñendo gran nivel defensivo e movendo rápido o balón en ataque e conseguindo ocasions claras de gol, pero non conseguiamos rematar marcando e o marcador mantiña gran igualdade ata o minuto 15 da primeira parte, no cal entramos nunha boa dinámica e conseguimos ir ao descanso impoñendo un 0-8 de parcial, o cal deixaba o marcador no descanso cun 8-14.
A segundo metade comezaba con gran efectividade nos lanzamentos, e a renta de goles seguía sumando, pero os locais que xa sabiamos que non se iban rendir ata o final, axustaron seu ataque e conseguía entrar na nosa defensa através do poderia físico se alguns dos seus xogadores. Duas exclusions dos locais , os cales quedarían con catro xogadores en pista e o porteiro, permiten aos de carballo a coller unha renta prácticamente definitiva que deixaba o encontro cun 24-30.
Bm narón 24 (8+16): Martin Ferreiro(2), lucas freire(2), Manuel Franco(1), Mario Casal, Oscar Rodriguez(5), Anton Rodríguez, Pablo gomez, Pablo Lage(1), Serrano, Oscar, Jorge Portas(5), Jorge Catalan.
Marmoleria José Rey xiria 30 (14+16): Manuel Garcia, Dani Bello(7), Manu Perez(5), Hugo Garcia(2), Manu Rey(4), Ángel Villar, Alex Tato, Miguel Cambon(1), Marcos amarelle(8), Manuel Muñoz(1), Samu quintela.

