O ALS Xiria A vence no seu primeiro partido de liga

ALS XIRIA A 30 – BM ABEGONDO-ATLANTICO 23

O ALS Xiria disputaba o seu primeiro partido de liga na casa, fronte ao Bm Abegondo- Atlántico un rival sempre competitivo e que non baixa os brazos en ningún intre do partido. De este xeito antoxábase un partido competido entre dous equipos moi competitivos.

O ALS Xiria saíu ao campo moi centrado, mostrando moita seguridade no seu xogo tanto na defensa coma no ataque. De este xeito conseguiu nun primeiro arreón lograr unha ventaxa de ata 8 goles. A partir de ahí a ventaxa mantívose durante moitos minutos no marcador, pois ambos equipos eran incapaces de recurtar ou distanciarse máis. Sen embargo, nos últimos 5 minutos da primeira metade e tras unha serie de perdas de balón continuadas o equipo visitante foi quen de recurtar a distancia no marcador ata o 17-13  ao descanso.

A volta do paso polos vestiarios a dinámica seguía a ser a mesma. O ALS conseguía manter a distancia no marcador pero non despegarse. Sen embargo, con unha defensa moi presionante dos visitantes, mesmo con algunha mixta, os carballeses comezaron a ter problema a e ter algunha que outra perda sinxela de balón. Esto fixo meterse aos coruñeses no partido, con todo, lonxe de baixar a cabeza os carballeses con moito carácter e garra conseguiron volver a despegarse e voltar a dominar un partido no que non terminaron xogando ben pero sí conseguiron saber ganalo.