O Garaysa Xiria, campión galego alevín

O Garaysa Xiria proclamouse este sábado no Gatañal campión galego alevín logo de derrotar ao Sar Rodavigo en semifinais e ao Luceros A na final.

Sar Rodavigo 7 – Garaysa Xiria 9

Garaysa Xiria: Andrés Gómez, Lucas Radio, Rodrigo Rama, Quintín Insua, Gonzalo García, Marco Núñez, Iker Martínez, Román Pérez, Roi Pérez, Manuel Pombo e Brais Sánchez.

Incidencias:  Partido correspondente ás semifinais da Liga Ouro alevín 7 disputado no Pavillón de O Gatañal (Cangas).

O partido comezou moi ben para os de Carballo, cun primeiro cuarto casi perfecto grazas á defensa e ao goles de contrataque que lles valían para coller vantaxe, e afrontar así, o partido máis tranquilos.

Avanzaba o encontro, e logo de empatar o segundo tempo e perder o terceiro por un gol, chegábase ao último cuarto con todo por decidir. Ahí foi onde os de Carballo non se puxeron nerviosos, e grazas de novo á defensa conseguiron gañar e meterse na final.

Luceros A 7 – Garaysa Xiria 9

Garaysa Xiria: Andrés Gómez, Lucas Radio, Rodrigo Rama, Quintín Insua, Gonzalo García, Marco Núñez, Iker Martínez, Román Pérez, Roi Pérez, Manuel Pombo e Brais Sánchez.

Incidencias:  Partido correspondente á final da Liga Ouro alevín 7 disputado no Pavillón de O Gatañal (Cangas).

Comezaba a final da Liga Ouro alevín e o Garaysa non daba opción no primeiro tempo, e conseguía un 11-1 inicial. No segundo tempo, os de Cangas apretaban o partido, máis non foi suficiente para que o Garaysa gañara tamén o segundo cuarto.

Chegados ao terceiro tempo, aos de Carballo valíalles o empate para ser campións galegos e así foi, a falta de 20 segundos, empataban o cuarto e conseguían matemáticamente o campeonato. Ao final, o Luceros apretou con todo para levarse o último tempo co que se chegaría ao remate do encontro cun 7-9 a favor do Garaysa Xiria.