Derrota e boa imaxe do Hierros Varela Urbieta Xiria na volta á competición

O Hierros Varela Urbieta Xiria desprazouse ata Vigo para desputar o segundo encontro do grupo B da Liga de Ouro ante o BM. Carballal nun choque no que o equipo rival partía coma favorito, por antecedentes de temporadas anteriores e polo seu bo facer na fase inicial –onde contou os seus partidos por vitorias–; pero onde as nosas deron a cara ó longo do encontro acadando un gran resutado.

O partido comezaba con marcador axustado e cun xogo moi condicionado por varias exclusións a ambos equipos nos primeiros compases e foi neste aspecto onde as rivais resolveron mellor as superioridades e chegaron ó descanso cunha renda de seis goles (14-8), aínda que a sensación de que as carballesas podían darlle a volta ó marcador estaba presente.

No comezo de segunda metade, as nosas saíron moi centradas acortando a diferenza no marcador a tres tantos (14-11) en tan só dous minutos, pero pronto as locais colleron outra vez as rendas apoiadas, unha vez máis, nunha gran xestión das superioridades cunha defensa 3:3 que lles permitu roubar varios balóns a alcanzar unha renda de dez goles a falta de só 15 minutos (24-14). Lonxe de afundir, o noso equipo xuvenil apoiouse nunha gran defensa 5:1, no bo facer da cadete de primeiro ano Duna dende o avanzado e na colaboración das porteiras para achegarse no marcador ata o punto de ter bola para ponerse a só un gol a falta de 2 minutos.

Bo papel das nosas xuvenís que non deixan de medrar e que seguen moi vivas na competición. A vista xa está posta no encontro desta fin de semana ante o BM. Línea 21, ó que na primeira fase non se lle conseguiu gañar, polo que a motivación é máxima.

 

CALFRIMA CARBALLAL 28 (14+14)

17. Cintia Iglesias (1), 3. Carla Rodríguez, 12. Uxía Castro (p), 20. Lucía Navarro, 11. María Tomé, 4. Helena Sánchez (1), 15. Lucía Villamarín (9), 16. Marián Mera (p), 5 Iria Sánchez-Puerta (1), 10. Nerea Arias (4), 14. Sara Pereira (2), 6. Ainhara Silva (2), 9. Eva Fernández (3), 7. Nerea Patiño (3), 18. Yaiza Fernández (1), 19. Helena Costas (1).

 

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA 25 (8+17)

18. Elena Collazo (p), 12. Lucía Lema (p), 17. Marta Gómez (1), 2. Valeria Figueroa (2), 4. María Patiño (2), 5. Nerea Varela (4), 9. Natalia Cancela (2), 16. Lara Otero (9), 21. Alba García (2), 14. Duna Barca (3), 20. Lara Hernández, 6. Nina Pereira, 10. Lara Souto.

Todas as imaxes do partido en: http://www.decargil.com/2021/03/07032021-juvenil-femenino-carballal.html