Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cadete feminino

O Grupo Lemaco A comanda unha Liga Ouro nun puño

Gran victoria do Grupo Lemaco A no partido disputado este pasado sábado no Vila de Noia ante o Bm. Lalín. As de Zarra foron comandando durante todo o encontro con…

Gran victoria do Grupo Lemaco A no partido disputado este pasado sábado no Vila de Noia ante o Bm. Lalín.

As de Zarra foron comandando durante todo o encontro con distancias de dous e tres goles ainda que na defensa tiveron que ir axustando certos aspectos no xogo de desdoblamentos das extremos visitantes que terminaron por acoplar(13-10, descanso)

No segundo tempo o Grupo Lemaco puxo a directa e esta vez cunha defensa máis sólida comezou a por en máis problemas o ataque dezanoe eso lles permitiu chegar a máximas de oito tantos de distancia, o que fixo o final de encontro moito máis doado, a pesar do arreón final das do Lalín ca defensa presionante.

Con esta nova victoria e despois da derrota do SAR de Redondela en Cangas, as carballesas comandan a Liga Ouro máis apretada dos últimos anos, cun triple empate a 13 puntos xunto con Cangas e SAR, pero con mellor diferenza de goles, todo esto a falta de pechar a primeira volta este próximo fin de semana en Chapela, ante o equipo local

Próximo partido

Máis sobre isto