O Grupo Lemaco cadete feminino caeu derrotado na mañá do domingo no encontro que lle enfrontaba o Sar de Redondela no grupo polo título.
As carballesas mostráronse fora do encontro durante gran parte do mesmo, con falta de intensidade o que se viu reflexado no electrónico, encaixando case a cuarentena de goles, pouco habitual nesta tempada. Acorde con esa falta, o ataque non foi tampouco unha arma para poder contrarrestar esa desidia defensiva, e donde a gardarredes redondelá gañáballe a partida tamén ás lanzadoras verdes. As carballesas si encontraban portería no ataque pero non resultou ser o día no lanzamento, errando ata 25 lanzamentos desde os seis metros.
Na vindeira semana as carballesas recibirán o líder da categoría e máximo favorito, o Bm. Caselas, que chega invicto a este encontro. Será o domingo ás 10.45h no Vila de Noia


