O Grupo Lemaco pasa o examen ante o Bm. Atlántico(32-26)

O Grupo Lemaco B venceu no seu encontro ante o Bm. Atlántico con máis problemas dos esperados. O equipo presentábase no Fogar con varias baixas que se notaron sobre todo no xogo colectivo, mostrándose algo máis dubitativas na creación do xogo e tamén algo máis imprecisas. Aínda así, as carballesas dominaron o encontro de principio a fin, a pesar das varianzas defensivas das coruñesas. Só o desacerto no lanzamento privou ás verdes dunha victoria máis ampla. 
As do Xiria mantéñense nesa segunda plaza do grupo, antes de enfrentar o líder dentro de dúas semanas.