O Calvo Xiria B viaxaba ata Santiago para tentar seguir coa racha tan positiva do equipo. O rival un Ribadosar con un equipo novo en construcción que ocupa os postos baixos da clasificación. O equipo carballés tiña que afrontar este partido coma un reto no que traballar cousas que non puido traballar ata o momento.
BM RIBADOSAR-UDC 27- CALVO XIRIA B 42
O comezo do partido estivo marcado pola falta de concentración dos de carballo, e polas gañas que tiña o equipo de Santiago. Dende o comezo o equipo de Santiago focalizaba as accións de perigo na zona esquerda do seu ataque e, a pesar de ser coñecedores, o equipo carballés non conseguía frear o seu xogo. Co paso dos minutos os carballeses conseguiron axustar e aumentar un pouco a intensidade defensiva e así lograban chegar ao descanso con unha ventaxa de 5 goles.
Á volta dos vestiarios o equipo carballés conseguía enlazar unha serie de boas defensas aproveitadas con contras acertadas e ahí conseguía romper o partido. A partir de ese intre o partido foi controlado polo equipo visitante ata o asubío final do encontro.