O Hierros Varela Urbieta volve de Porriño sen os dous puntos

As nosas xuvenís viaxaron o pasado sábado a Porriño para xogar ante un dos rivais máis fortes da liga. O partido comezaba cunha defensa aberta por parte das porriñesas que precipitou o ataque das carballesas o poñía o BM. Porriño cinco goles por diante nos primeiros quince minutos. O cambio na defensa local a 6:0 e as rotacións fixeron posible gañar confianza as nosas en ataque, que atopaban accións sinxelas de finalización dende os 6 metros, aínda que o acerto de cara a portería non era elevado.

Trala reanudación, cun 17-12 no marcador, o Xiria comezou moi serio nos cinco primeiros minutos. As boas accións defensivas locais fixeron posible correr numerosas accións de contraataque e rapidamente doblaron a distancia ata os once goles.  O resto do encontro estivo realmente igualado, as nosas non baixaron os brazos en ningún momento e a distancia no marcador xa non se movería.

Resultado final de 36-25, moito traballo por diante e a ilusión intacta. O Hierros Varela Urbieta descansa esta semana e xogará o seguinte encontro o vindeiro fin de semana na casa ante o BM. Rasoeiro.