O Hierros Varela Urbieta Xiria mantén o liderato.

Partido igualado o vivido onte na Casa do Deporte de Lugo entre o Bm. Lucus C.V. San Froilán e o Hierros Varela Urbieta Xiria da segunda división cadete feminino.

Arrancou o partido cunhas luguesas motivadas e con intensidade mentras as de Carballo non atopaban o seu lugar no campo e non conseguían mostrar o seu mellor xogo. As numerosas pérdidas de balón e os erros defensivos das visitantes permitíanlle ás rapazas do Bm. Lucus conseguir gol con facilidade.  Os goles de contraataque do Xiria mantiñan a igualdade no marcador durante os primeiros vinte minutos pero as de Lugo dominaban o partido e chegaban ó descanso cun 12-9.

Na segunda metade as carballesas saíron con intesidade e con gañas de demostrar que, a pesares de non estar sendo o seu mellor partido, non iban dar nada por perdido. Pero as de Lugo seguían dominando o marcador chegando a unha diferencia de 4 goles a favor no minuto 40 de partido. A partires dese momento, unha defensa carballesa máis sólida conseguía que a maioría dos lanzamentos lugueses foran por zonas exteriores e o bó traballo da portería permitía numerosos contrataques que remataban en gol. O potencial físico do Xiria comezaba a dar os seus frutos e as rápidas contras e repliegues defensivos mermaban a un Lucus que cada vez se atopaba menos acertado.

Nos últimos dez minutos a igualdade foi máxima e o empate era o resultado que máis se repetía no marcador. Nos últimos intres as do Xiria conseguían poñerse un gol por riba e o Bm. Lucus non conseguía anotar na última posesión que repartiría os puntos para ambos equipos. Finalmente os dous puntos foron para Carballo cun resultado final de 23 a 24.

As próximas semanas as rapazas do Xiria deberán traballar duro para quitar as malas sensacións e aprender dos erros con vistas ó próximo partido que terá lugar contra o Bm. Tui a fin de semana do 10 e 11 de novembro.

LUCUS C.V. SAN FROILÁN: Ángela López (3), Jimena García (11), Nerea Luances (3), Sabela Rey (1), Sofía Sanmartín (2), Vera Lamela, Sabela Campo, Jennifer Soto, Laura Cabanas (2), Antía Vázquez (1), Ariana Montero.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: Lucía España (2), Lara Otero (7), Anna Hernández (2), Alba García (4), Marta Gómez (3), Nina Pereira (3), Nerea Varela (3), Valeria Figueroa, Uxía Suárez, Lucía Lema.

PARCIAIS: 1-2/ 2-3/ 5-5/ 7-7/ 10-8/ 12-9/ 14-13/ 17-13/ 18-15/ 20-19/ 21-21/ 23-24.