O Hierros Varela Urbieta Xiria sigue invicto na Copa

Esta tarde tivo lugar en Carballo a 2ª xornada da Copa Federación para o Hierros Varela Urbieta Xiria. Enfronte, o sempre difícil Bm. Xallas co cal se atopaban empatadas a puntos.

Nos primeiros minutos as accións individuais dominaban sobre o xogo colectivo en ambos conxuntos. As accións rápidas imprimían un alto ritmo ó partido e nos últimos 10 minutos desta metade as xalleiras colleron o timón e impuxeron o seu propio ritmo. Un par de erros defensivos en superioridade númerica daba alas a un Xallas que conseguía poñerse 4 goles por riba no marcador ó chegar o descanso. O resultado de 14-18 representaba o dominio xalleiro do partido nos últimos 10 minutos.

No segundo tempo as rapazas do Xiria saíron dispostas a dar a volta ó marcador. Unha defensa cada vez máis sólida e intensa recargaba a confianza das locais e permitía subidas de balón rápidas que apretaban o marcador. A falta de 10 minutos apareceu a igualdade no luminoso e as defensas comezaron a ser claves para gañar o encontro. Despois dun partido de tanta intensidade coma este o potencial físico das locais fíxose valer e permitiulles chegar ós últimos intres con maior frescura. Cun parcial de 4-0 no últimos 5 minutos confirmábase a remontada e os dous puntos en xogo quedaban en Carballo.

Na seguinte xornada da copa o Hierros Varela Urbieta Xiria enfrontarase ó Bm. Lucus a domicilio. Conseguir puntuar nese partido daría o pase á final da copa a primeira fin de semana de Xuño. O partido preséntase igualado pois as locais precisan gañar para ter opcións de clasificarse para dita final.

PARCIAIS: 3-3/ 5-7/ 9-10/ 10-11/ 12-15/ 14-18/ 17-20/ 19-21/ 21-22/ 23-23/ 25-25/ 30-26.

HIERROS VARELA URBIETA XIRIA: Valeria Figueroa Santos, Coral Ruibal Fraga (1), Nerea Varela Vila (8), Nina Pereira Abelenda (2), Uxía Suárez Fernández, Lucía España Moreira (1), Marta Gómez Agra (2), Alba García López (5), Anna M. Hernández Padro (2), Lara Otero Suárez (9) Elena Collazo Rey, Lucía Lema Álvarez.

XALLAS: Iria Rodríguez Lema, Aida Varela Balsa (7), Laura Lois Río (1), Carla Rodríguez Rial (3), Antía Oreiro Martínez (3), Maitena Lois Rieiro (3), Tania Calvelo Blanco (2), Ainhoa Cal Currais, Leticia Souto González (1), Lucía Rodríguez Paredes, Raquel Vilariño Ares (2), Laura Baña Barcia (1), Zaira González Espasandín (1), Miriam Capelo Muñíz (2).