Gran partido co que nos deleitaron na mañá do sábado o At. Guardés e o Tubasys Xiria na categoría infantil, con dous plantexamentos dispares pero que fixeron a ledicia de todos cun encontro igualado, por momentos sen dominador e sobre todo cunha actitude competitiva moi salientable polas carballesas, que viñan dunha dinámica negativa nos últimos encontros, pero que souberon sacar esa cara máis competitiva nesta fin de semana.
E fixérono ante un rival que se presumía superior, con individualidades moi fortes tanto técnica como fisicamente, sendo así que no minuto vinte do encontro, as carballesas mandaban no marcador. Nos derradeiros cinco minutos, sufriron unha desconexión total que lle permitiu as pontevedresas dar un estirón no marcador, lastre que tivo o equipo carballés o resto do encontro(16-11).
O mellor de todo foi que despois dese traspés dos minutos finais do primeiro acto, as carballesas foron quen de vencer nese segundo tempo, a pesar de non poder salvar a distancia deses cinco minutos fatídicos.
Bo lavado de cara dun equipo que recibirá ó Club Bm. Cisne na vindeira semana