O Grupo Lemaco conserva o liderato do seu grupo(40-29)

O Grupo Lemaco conserva o liderato do seu grupo(40-29)

O Grupo Lemaco cadete afianza as opcións de entrar na segunda fase da Liga Prata despois da súa quinta victoria consecutiva ante o Bm. Ribadosar, sumando así dez puntos compartindo liderato co Bm. Culleredo.

As carballesas entraron mellor no xogo, pero non conseguían materializar as accións de lanzamento en goles neses primeiros intres. Aínda que sempre por diante no marcador, as distancias eran curtas e mantiñan a incertidume. A maior rotación verde permitiu manter un ton alto todo o primeiro tempo e a partir do minuto vinte, iso notouse no xogo, conseguindo as carballesas as primeiras diferencias holgadas.

Na segunda metade e con brecha cómoda no electrónico, o encontro baixou en intensidade o que fixo que a defensa local perdera un pouco de eficacia e as santiaguesas se acercaran un pouco no marcador, pero sen perigar en ningún momento o resultado.

Este fin de semana o Grupo Lemaco viaxa ata Abegondo para disputar a penúltima xornada da primeira fase como líder do Grupo D