O Laber A non consegue a vitoria nunha fin de semana decisiva

De novo o Laber Xiria A afrontaba unha dobre xornada a pasada finde semana, dobre xornada de moita importancia nos intereses dos carballeses por pelexar pola quinta praza da clasificación.

TEUCRO A 32 – LABER XIRIA A 30

A xornada comezaba con un igualadísimo partido fronte ao Teucro. Dende o comezo do partido os ataques conseguían romper o orden defensivo e isto facía que se conseguiran anotar moitos goles. Con todo o Laber conseguía un maior acerto que o equipo local e a primeira parte remataba 16-17 para os carballeses.

O paso polos vestiarios a tónica xeral do partido ía a ser a mesma,  sen embargo co paso dos minutos ao Laber costáballe máis chegar a situación claras de gol e víase freado pola cada vez máis forte defensa central do Teucro. Con todo, o Laber non era quen de facer participar máis aos acertados extremos e buscar así ocos nas zonas exteriores. Foi así como o xogo cada vez máis pausado no ataque e unha defensa cada vez con máis brechas ante as situacións de 1vs1 do Teucro cómo ao final se lle acabou marchando un partido moi igualado ao Laber.

LABER XIRIA A 26- LUCEROS 35

Logo da derrota o día anterior, o partido do domingo tornábase cómo determinante. O Laber, tiña que enfrontarse a un dos equipos máis fortes da liga que viña recuperando efectivos e gañar.

O comezo do partido foi igualado, pero o Luceros conseguía facer moito dano coas transicións en segunda oleada e contragol. A defensa local non contaba e saían dous xogadores a mesma persoa deixando a liña ou o xogador cercano solo. Estos desaxustes mantivéronse e fixo que o Luceros se fora marchando do partido aos poucos ata o 13-19 ao descanso.

A volta dos vestiarios e con un cambio de defensa 5-1 o Laber dou un arreón que o puxo ata tres goles, sen embargo non soupo manter ese mesmo nivel competitivo ata o final do partido en canto baixou o nivel o Luceros volviu a pegar un arreón para volver a despegarse. O Laber tentouno ata o final de todas as maneiras pero xa non conseguiría nada.

 

Quedan dous partidos para o Laber non que o obxetivo é mellorar o nivel competitivo e correxir os desaxustes defensivos das últimas dúas fins de semana.