O Laber B vence nun vibrante partido fronte ao Lavadores

O Laber B comezaba a súa andaina na Liga Prata en Vigo enfrontándose ao Bm. Lavadores con un equipo con rapaces de primeiro ano e cadetes que procuran seguir na liña da aprendizaxe a través da competición.

O partido comezaba xa moi igualado, coas defensas e porterías impoñéndose aos ataques. Con todo, a defensa carballesa conseguían facerlle dano co xogo co pivote. No ataque carballés cada vez que se desprazaban os xogadores sen o balón e se tiña un mínimo de movilidade chegábanse a situación claras de gol. Con todo a igualdade amosada sobre o campo víase reflexada no marcador con 9-9 ao descanso.

Na segunda metade o equipo vigués conseguiu anotar un parcial inicial, de este xeito o Laber B comezou a segunda metade remontando un resultado adverso. Pouco a pouco a igualdade volviu a reinar no terreo de xogo, os carballeses nesta segunda metade conseguían máis situacións claras de gol pero estaban errados no lanzamento. Sen embargo, a falta de un minuto e con balón en posesión para o equipo vigués conseguimos con unha boa defensa recuperar o balón. Logo dun tempo morto, finalizamos nos últimos segundos con un lanzamento errado pero, a concentración fixo que o rechace fose para os carballases e puideramos anotar o tanto da vitoria nun final moi vibrante.

U.B LAVADORES VIGO 20 – LABER XIRIA B  21

acta_completa_1172937 lavadores- laber b