Intensa dobre xornada para o Garaysa Xiria

EMBUTIDOS LALINENSE 34- GARAYSA XIRIA 26

O Garaysa viaxaba a Lalín para enfrontarse a un dos osos da liga. Un partido compricado que os carballeses debían afrontar con toda a confianza pois non tiñan nada que perder.

O comezo do partido foi malo para os xogadores de Carballo e isto soupo aproveitar o equipo de Lalín para poñer as primeiras rendas no marcador. Na defensa as traxectorias cara o centro e o xogo co pivote facían moito dano aos carballeses e, na faceta ofensiva o xogo era moi lento pola presenza do bote en todas as accións e facía ao mesmo tempo que o xogo fose moi individualizado.

Á volta do paso polos vestiarios o equipo carballés conseguiu dar un arreón e recurtar distancias no marcador, grazas e unha mellora na defensa do xogo das primeira liñas locais. Con todo, co paso dos minutos o Lalín voltou a impoñer a súa superioridade. Logo do arreón da segunda metade e o Garaysa quedou sen folgos e os últimos minutos foron para os locais.

GARAYSA XIRIA 31- AD. CARBALLAL 31

O Garaysa xogaba o segundo partido da fin de semana  no Vila de Noia contra o Carballa, rival directo, e o Garaysa tiña cómo obxetivo mellorar o partido que realizara o día anterior en Lalín.

O comezo do partido foi moi bo por parte do equipo carballés, moi centrados nas labores defensivas e coa continuidade no xogo que se lles pedía anterior. Foi de este xeito cómo conseguiu unha renda de ata 5 goles, mostrando ademais moitas seriedade no seu xogo. O Carballal dou un arreón e recurtou distanzas pero o Garaysa soupo volver a responder poñendo outra vez unha diferenza no marcador de 17-12 ao descanso.

A volta dos vestiarios o Garaysa seguía moi centrado, pero unha vez pasados 5 minutos da segunda metade unha serie de erros individuais fixeron que os de Carballal se poideran anclar o partido. Dende ese momento o Garaysa cambiou lixeiramente o seu xogo, que se fixo máis individual, cometendo así máis erros. Istos erros fixeron que o Carballal se puxera por diante no marcador. Foi nese momento cando os carballeses sacaron o orgullo e a falta de dous minutos e con un xogador máis conseguiron dar volta ao marcador e ata ter unha ocasión a falta de dous segundos para gañar o partido.