O Laber vence ao Tui e pasa a cuartos coma segundo de grupo

O Laber Xiria xogou o pasado domingo no Ceip Fogar fronte ao Bm Tui o derradeiro partido da fase de grupos do grupo B na liga Ouro. O equipo carballés xa viña cos deberes feitos e afrontaba o partido sen a mesma presión, pero sí co deber de seguir coa súa liña de traballo.

O comezo do partido estivo marcado pola intensidade, pois o Tui xogábase o acceder coma 4º a seguinte fase. O carballeses con unha defensa con moita intensidade e un ataque moi claro, baseado na verticalidade cara os espazos e as continuidades conseguía pequenas distancias no marcador dende o principio. Sen embargo, a intensidade elevada da defensa carballesa por momentos estaba falta de técnica e quedábase en choques aos xogadores e non tanto en frear as traxectorias e capacidade de lanzamento. Esto facía que os carballeses sufriran demasiadas exclusións e non puideran distanciarse máis no marcador.

Sen embargo, na segunda metade tentaron de mellorar este aspecto defensivo e,ter un maior control da liña de 6 metros cando se producía unha salida defensiva. De este xeito o Laber mantívose firme no marcador e non dou opcións ao rival, apoiados tamén nun ataque no que todos os integrantes souperon aportar, dentro do seu rol, ao xogo en equipo. Así o resultado final foi 28-38.

Para a fin de semana os carballeses xogarán os cuartos de final de esta liga Ouro, partido que afrontan con moitas ilusión e gañas de mostrar o seu traballo e progresión.