O Laber Xiria amósase moi superior ao Pabellón
Pabellón Ourense 16 – Laber Xiria 36 (11-16) Nova vitoria a domicilio do Laber Xiria que deixou os deberes para a segunda parte, onde se amosou moito máis efectivo que…

Pabellón Ourense 16 – Laber Xiria 36 (11-16)
Nova vitoria a domicilio do Laber Xiria que deixou os deberes para a segunda parte, onde se amosou moito máis efectivo que o seu rival e onde pechou a súa defensa arroupando aos porteiros.
Tardou en axustar o sistema defensivo, pois deixou moitos ocos no centro da defensa 6:0 que foron aproveitados polos ourensáns con pases a pivote e xogadores desdobrados. A defensa mixta sobre Alex Gómez dende o inicio do encontro, non foi obstáculo para poder chegar con claridade cara a gol, salvo por momentos de precipitación que con levaban perdas de balón.
Nos segundos 30 minutos o Laber saíu con outra marcha e pronto colleu distancias considerables no marcador, índose ao final do encontro con 20 goles de diferenza.
Pabellón Ourense 16 (11): Raul Carcadia (porteiro), Sergio Crucis 2, Joel Colmenero 2, Pablo Romero 3, Pablo Carballo 1, Mario López 1, Martín Rodríguez 2, Darío Mares 3, Salvador de Cristofaro 2, Ismael González e Santiago Castro.
Laber Xiria 36 (16): Diego Lema, Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 5, Alex Gómez 8, Dani Mallo 3, Franco Rial 7, Toni Calvelo 2, Diego Antelo, Carlos Varela 2, Pablo Esmorís 1, Fer Mallo 1, Alex Puñal 5, Javi Rodríguez e Adrián Mesejo 2.
Arbitrou: Alfonso Canitrot


