O sábado desprazáronse o pabillón Quiroga Palacios de Santiago de Compostela as nenas do Garaysa e do Laber.
Ambos equipos fixeron moi bós encontros.
Comezaron as carballesas do Garaysa as 10 da mañá enfrontándose o Ribadosar, amosaron como a xornada anterior unha moi boa actitude destacando as ganas de querer puntuar, o que fixo que gañasen o primeir e o cuarto cuarto, empatando deste xeito o partido ante un Ribadosar cun equipo moi peleón tamén.
As carballesas por fin estiveron acertadas cos lanzamentos a portería e concentradas nas tarefas defensivas durante todo o encontro o que lle permitía recuperar balóns e sair a contra. Destacar deste encontro o bó facer de todas as xogadoras do equipo.
Resultado xusto para ambos equipos.
Garaysa Xiria-Ribadosar: 8-8
1er cuarto: 06-03
2o cuarto: 07-13
3er cuarto: 04-13
4o cuarto: 08-04
Noa Quintela (3), Carla (8), Xulia (3), Andrea (3), Lucia N. (5) e Nerea (3).
O segundo encontro foi para o Laber, moi boa actitude das nosas nenas xa que a pesares de viaxar xustas de efectivas con tan só cinco xogadoras dominou a un Camariñas tamén xusto de xogadores.
A tónica foi igual que no encontro anterior; as recuperacións de balón foron claves así como o acerto no xogo combinativo do equipo.
Laber Xiria-Camariñas A: 11-5
1er cuarto: 04-03
2o cuarto: 06-05
3er cuarto: 05-15
4o cuarto: 10-04
Julia (9), Sara (15), Lorena N., Irene e Lucía C.(1).
E para rematar na mañá de hoxe o grupo Lemaco viaxou o pabillón San Francisco Javier na Coruña para enfrontarse a un rival máis grande en tamaño e idade. As nosas nenas comezaron o encontro con moitas dúbidas no ataque, con pases pouco precisos debido a boa defensa do equipo rival. Co paso dos minutos foron saindo as cousas e houbo combinacións boas, xogando rápido e sin utilizar excesivamente o bote, destacando a actitude anticipativa en defensa.
Aínda así hai que destacar a actitude xa que loitaron ata o final e nunca baixaron os brazos a pesares das dificultades e de ter en fronte a un rival superior.
Lemaco Xiria-Oar: 04-12
1er cuarto: 05-10
2o cuarto: 04-14
3er cuarto: 05-12
4o cuarto: 03-10
Noa Millán(5), Elena (3), Sofía (1), Natalia(2), Mencía (3) e Clara (3).
Agora só queda seguir adestrando ca intensidade que o están a facer e seguir amosando en cada encontro esa actitude pelexona e competitiva que está destacando de todas as nenas este ano.


