Gran actuación do Punta del Este Xiria a pesares do resultado

Bonito  e desputado encontro o vivido esta xornada entre o Punta del Este Xiria e o Balonmán Porriño “A”.

Os dous equipos plantexaron unha defensa 3:3 pouco profunda que poñía en serios apuros os ataques rivais. O Porriño, máis acertado na faceta goleadora, tomaba as primeiras vantaxes no electrónico, situándose no minuto 12 de partido 4 goles arriba. Un tempo morto local surtiu efecto nas carballesas, que mediante pase e vai coa pivote atopaban situacións máis cómodas de lanzamento e metianse de novo no encontro, chegando ao descanso cun 9-11 no marcador.

Na segunda metade, a precipitación das locais fixo que tomaran decisións desacertadas en ataque, con lanzamentos demasiado forzados e moitos erros de pase, que non perdoaba o Porriño na outra portería. Con 4 abaixo no marcador, un novo tempo morto provocou de novo a reacción das carballesas, que se puxeron a tan só un gol a falta de 3 minutos para finalizar o partido. Os erros de lanzamento nos últimos ataques non nos permitiron culminar a remontada final e o Porriño conseguiu facerse co encontro con un marcador final de 18-22.

A pesares do resultado, as carballesas realizaron un gran partido, deixando accións de moito mérito e mostrando a súa mellora.

Punta del Este Xiria (9+9): María Porteiro (p), Lucía Andrade (p), Carla Bello (p), Elena González, Sara Rial (2), Clara Graña, Nerea Figueiras, Sam López, Sara Méndez (2), Leticia Santos (6), Carla Martínez, Andrea López, Sabela Carrondo, Nerea Varela (6), Mencía Rodríguez (2), Sofía Rey e Xulia Suárez.

Balonmano Porriño «A» (11+11): Sara Cortiñas (4), Iria Benaches (8), Izaskun Trigo, Inés Iglesias (3), Aldara Martínez, Daniela Estévez, María Isabel Rodríguez, Carmen Fernández (2), Paula Sanz (5) e Arancha Fernández.