O Laber Xiria gaña o derbi fronte ao Oar coruñés

Laber Xiria 32 – Oar Coruña 28 (16-15)

Igualdade e intensidade foron as notas máis destacadas dun choque entre os dous representantes do balonmán coruñés na División de Honra Xuvenil.

Comezou máis enchufado o equipo local, sendo capaz de frear os ataques do rival e materializando con facilidade as súas ocasións, pero a fortaleza defensiva do Oar, apareceu co paso dos minutos, a maior envergadura no centro da súa defensa 6:0 empezou a poñer en dificultade aos lanzadores do Xiria que non atopaban a maneira de chegar cómodos a posicións de lanzamento. Igualouse o encontro coa boa mobilidade no ataque dos coruñeses, atinados tamén no lanzamento, que complicaba a defensa 6:0 do Laber Xiria.

Volveron os locais a pegar un arreón no marcador, tras apostar por unha defensa máis aberta o que propiciou poder sacar o balón con velocidade a contra e materializar con facilidade cada vez que o Oar non podía marcar, pero tamén os coruñeses quería a vitoria, nun partido de ida e volta e a base de garra poñíanse momentaneamente por diante a falta de 10 minutos. O Laber Xiria seguiu crendo no seu xogo, apremou en defensa e atopou solucións adecuadas no ataque, onde volveu marcar gol con facilidade índose con claridade na recta final do encontro.

Tres valiosas vitorias consecutivas para o Laber Xiria que o sitúan na zona media da táboa a falla dunha xornada para o final da primeira volta.

Grupo Lemaco Xiria 32 (16): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iker Martínez 2, Alex Gómez 12, Adrián Mesejo 2, Mario Cancela 9, Dani Mallo, Franco Rial 3, Diego Antelo 1, Aaron Rodríguez, Brais Vila 2, Ivan Hernández, Renzo Díaz, Andrés Urbieta 1 e Manuel Rama.

Oar Coruña 28 (15): Martín Rodríguez e Alejandro Pérez (porteiros) Juan González 2, Pedro González, Daniel McNamee 1, Alvaro Sarandeses, Dacio Oviaño 1, Javier Sánchez, Marcos Sánchez 5, Eduardo Cousillas 11, Alfonso Lojo, Adrian López, Pedro Pereira 3, Alejandro Suárez 5.

Marcador cada 5 min: 2-1 / 6-3 / 8-7 / 10-10/ 13-13 / 16-15/ 19-17 / 22-20 / 23-23/ 25-26/ 30-28/ 32-28

Arbitraron: Pablo Barreiro e Gabriel Folgoso, sen complicacións.