Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Xuvenil masculino

O Laber Xiria recupera sensacións

Despois do parón do Nadal e nun encontro transcendental para non perder corda cos postos altos da táboa clasificatoria, o Laber Xiria recuperou as mellores sensacións no seu xogo, as…

Despois do parón do Nadal e nun encontro transcendental para non perder corda cos postos altos da táboa clasificatoria, o Laber Xiria recuperou as mellores sensacións no seu xogo, as mesmas que lle levaron a contar por vitorias os primeiros oito encontros de liga e a liderar a competición noutras tantas xornadas. Os de Carballo non deron opción algunha á SAR e o conxunto de Redondela, que tan difícil lle puxera as cousas aos verdinegros na primeira volta, viuse minimizado desde os primeiros instantes por un Laber Xiria moi serio e disciplinado, facendo da defensa o seu mellor aliado e rematando ao contragolpe o bo facer da retagarda. A SAR, conxunto sempre batallador e ben traballado, negábase a perderlle a cara ao partido e aproveitaba os poucos erros locais para manterse a unha distancia de catro goles, diferenza que lles outorgaba certas esperanzas de cambiar as cousas no segundo acto. Foron nos últimos cinco minutos do primeiro tempo, cando o marcador reflectía un 11-7, o momento no cal o equipo de Carballo pecharía definitivamente o envite e cun parcial de 5-1 marcaría unha distancia que ao cabo sería xa insalvable para os visitantes. O 16-8 logrado nos primeiros trinta minutos, deixaba satisfeitos a os carballeses e as sensacións do xogo do equipo eran sobresaintes. O Laber Xiria afrontaría entón a continuación coas mesmas acenos de identidade que lle levaron ao éxito no primeiro tempo e foi claro dominador de todas as facetas do xogo, non deixandose sorprender polo sempre perigoso conxunto de Redondela. Con esta vitoria, os de Carballo seguen ocupando a terceira praza e recuperan as boas sensacións que mostraran na primeira parte do campionato. Antóllase vital o encontro do próximo Sábado en Porriño, un rival que de gañar aos bergantiñáns poderíanse poñer por diante deles na clasificación e arrebatarlles esa terceira praza. Sen dúbida, un duro enfrontamento para os de Xiria, que terán que mostrar o seu mellor cara, tal e como fixeron no día de hoxe.

Laber Xiria: 34 (16+18). Manuel Souto (p), Samuel Castiñeiras (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova(7), Manuel Sánchez, Roi Alfeirán (1), Ronaldo Durán (2), Andy Rey (5), Fran Rey (2), Juanca Rodríguez (12), Alex Gómez (2), Andrés Urbieta (1), Santiago Oreiro (2).

SAR: 22 (8+14). Lucas Bouzón (3), Gabriel Cerqueira, Samuel Costas, Yahia Baati, Gael González, Angel Pérez, Iñaki Míguez, David Chao (2), Pablo Mateo, Iago Vidal (5), David Vázquez (2), Yeray Soutullo (7), Pablo Piedrasotero (3).

Colexiados: Pablo Barreiro e Gabriel Folgoso. Ben, sen complicacións.

Parciais cada 5´: 3-1/5-2/8-2/10-5/11-7/16-8-**Descanso-**18-11/22-13/26-17/29-20/31-20/34-22-Final.

Incidencias: Segundo partido da segunda volta da División de Honra xuvenil e primeiro despois do parón do Nadal, celebrado no Pavillón Vila de Noia ante un centenar de seareiros de ambos conxuntos.

Fotos do encontro:

DSC_0247 (2)

DSC_0250

DSC_0253

DSC_0255

DSC_0256

DSC_0258

DSC_0260

DSC_0261

DSC_0264

DSC_0265 (1)

DSC_0266

DSC_0267 (1)

DSC_0269 (1)

DSC_0270

DSC_0273 (1)

DSC_0274

DSC_0275 (1)

DSC_0277 (1)

Próximo partido

Xuvenil masculino20:00Liga Ouro · Liga regular · Grupo único · Xornada 8
EMBUTIDOS LALINENSE
HIERROS VARELA URBIETA XIRIA

Máis sobre isto