O Grupo Lemaco Xiria comeza o ano vencendo

Grupo Lemaco Xiria 30 Sar de Redondela  28 (16-15)

Partido igualado na mañá do domingo o disputado polo Grupo Lemaco Xiria e a Sar de Redondela que se decidiu no derradeiro minuto do encontro, 60 minutos de idas e voltas no marcador e dous puntos para os carballeses que souberon xogar mellor o derradeiro tramo do partido.

 A ausencia do seu capitán e baluarte defensivo Pedro Pereira, facía que o centro da defensa do Grupo Lemaco perdese centímetros, polo que o equipo víase obrigado a aumentar a intensidade ante uns rivais de maior envergadura. O encontro amosaba máxima igualdade no marcador, o Xiria non era quen de parar as circulacións dos redondeláns que movían con criterio o balón, e o rival tiña dificultade coas combinacións de ataque dos locais. Cun 16 a 15 no descanso quedaba moito por xogarse.

Saíu mellor o Grupo Lemaco na segunda metade, meteu un empurrón no marcador índose de catro goles, atopaba mellores posicións de lanzamento e era capaz de cerrar en defensa as investidas das Sar, pero unhas malas decisións en ataque tras a mixta a Alex Gómez, daban a volta ao partido cun 0 a 6 de parcial, que obrigaba ao Xiria a unha recta de final de partido con moitas urxencias a falta de tan so10 minutos. Volveron a aplicarse os carballeses, sobre todo en defensa, con boas decisións no ataque e igualaron o encontro na recta final, para posteriormente sentenciar e lograr a vitoria diante da Sar de Redondela.

Grupo Lemaco Xiria 30 (16): Diego Lema e Julio Ferreiro (porteiros) Iago Rincón 4, Iker Martínez 3, Alex Gómez 10, Andrés Urbieta 2, Renzo Díaz 2, Xurxo Díaz, Mario Rincón 3, Adrián Mesejo 2, Franco Rial, Brais Vila 4, Manuel Varela, Diego Rodríguez e Mario Cancela.

Sar Redondela  28 (15): Iñaki Míguez Alfaya e Martín (porteiros) , Raúl Domínguez 1, Gael González 10, Javier  Mera 8, Ángel Pérez 5, Diego Alonso, Alejandro Santos 1, SergioMurillo,  Daniel Virulegio, Javier Rivas 3 e Lorenzo Míguez

 

Arbitraron: Pablo Barreiro e Gabriel Folgoso, ben, excluíron a Adrián Mesejo, Iker abelenda  e Brais Vila polo Xiria e a Javier Mera (2) e a Ángel Pérez  pola Sar de Redondela