O Maquisaba Xiria comeza a Liga Prata con vitoria
Maquisaba Xiria 15 – 6 Bm. Brigantium Nunegal Primeira xornada da Liga Prata para o Maquisaba Xiria, desputada no Pavillón Fogar o domingo ás 10:30h. Comezaban o encontro as locais…

Maquisaba Xiria 15 – 6 Bm. Brigantium Nunegal
Primeira xornada da Liga Prata para o Maquisaba Xiria, desputada no Pavillón Fogar o domingo ás 10:30h.
Comezaban o encontro as locais con moitos nervios; unha boa defensa na primeira parte sumada ás boas accións da porteira permitíanlles errar no ataque sen consecuencias no marcador.
Na segunda metade o partido seguiu a mesma liña ca na primeira, cunhas moi boas defensas que permitían correr contraataques e aumentar a renda no marcador.
Na seguinte xornada o Maquisaba Xiria xogará en Abegondo o segundo partido de liga.
Maquisaba Xiria: Celia Pacoret, Carla Carracedo, Sofía Balsa, Sara Fernández, Mariana Martínez, Aroa Campos, Lola Eirís, Manuela Eirís, Estela Muíño, Clara Pedreira, Aroa González, Mía Cancela, Claudia Selvaggio.


