O Metalúrgica BB segue collendo experiencia a pesares da derrota

Na mañá do sábado os rapaces do Metalúrgica BB enfrontábanse no Pavillón do CEIP Fogar de Carballo ao Abegondo F40. Un equipo que chegaba como líder do grupo e contaba os seus partidos disputados con vitoria.

O partido comezou moi igualado, cos visitantes cunha defensa 5:1, pero cos de Carballo moi enchufados e xogando un moi bo balonmán a pesares de non estar acostumados a enfrontarse a unha defensa así. O Metalúrgica BB facía así unha primeira parte sobresaínte e chegábase ao descanso cun 11-14 a favor do Abegondo F40.

A segunda parte foi moi diferente e o Abegondo F40 mostrou porque era o líder deste grupo. Os nosos comezaron con moitos erros e os visitantes aproveitárono ao contrataque e fóronse de 10 no marcador. As precipitacións e tamén o cansancio fixeron que se chegara ao final do partido cun 18-37 a favor dos visitantes.

A fin de semana que ven, os nosos terán outra oportunidade, pero esta vez será no Pavillón San Marcos de Abegondo, onde xogarán o último partido deste atípico e complicado 2020.

METALÚRGICA BB XIRIA  18 (11+7): XANO RAMA, ALVARO GOMEZ (2), MARCOS VARELA (10), ANDRES PEDREIRA (2), XABIER FERNANDEZ, ANDRES POMBO, DIEGO BARBEIRA (2), NICOLAS MEJUTO (2), HUGO RIVAS, DANI MARTA.

ABEGONDO F40 37 (14+23): ATALO BELLO (10), YAGO BLANCO, DIEGO CARRACEDO (3), DANIEL GOMEZ, TOMAS (5), LEO (7), GABRIEL VENTURA (4), ADRIAN (4), BRAIS CANDAL, LUCAS (1), MATEO MARTINEZ (3).