O Metalúrgica BB Xiria Vence e segue nos postos altos da clasificación

O conxunto alevín de BM7, Metalúrgica BB Xiria,  xogaba no pavillón do CEIP Fogar con o BM Culleredo Remax Riazor este pasado Sábado.

Foi un encontro dominado polos carballeses de principio a fin, con amplas diferencias en dous dos tres tempos, aínda que se puido ver a un conxunto carballés, moito máis solto nos dous últimos cuartos. Nos dous primeiros, os bergantiñáns perderon moitos balóns e tiveron moitos erros, entraron no partido moi ansiosos e cada erro facía que os xogadores se atenazaran aína máis.

Nos dous últimos tempos e xa cos rapaces moito máis tranquilos e metidos no ritmo do partido, a defensa estivo a gran altura e puideronse recuperar unha boa cantidade de balóns. Os erros de pase desapareceron e o acerto de cara a portería contraria foi notable.

Metalúrgica BB Xiria – BM Culleredo Remax Riazor 8-0 (10-6 / 5-3 / 8-2 / 12-2)

Metalúrgica BB Xiria: Dani Periscal, Brais Suárez, Andrés Pedreira, Álvaro Gómez, Maxi, Diego Mourelle, Nicolás Cancela, Antón, Marcos Varela, Diego Barbeira, Marcos Suárez, Álvaro García, Henrique Traba, Aday Gómez.