O Punta Del Este Xiria cae ante o Galicia Social

O pasado sábado 16/02 o Punta del Este Xiria viaxaba a Vigo para enfrontarse o Galicia Social-Galarseco. O encontro tivo lugar as 11:30 da mañá, no pavillón de Navia.

O encontro presentabase asequible para as carballesas xa que na primeira volta gañáran na casa cun resuktado 18-15, ademáis viñan de facer uns gran progresos e mellorías comezando unha boa segunda volta con bos resultados.

Comeza a primeira parte ca posesión do balón para o Punta del Este Xiria. As rapazas comezaban moi paradas e estáticas, polo que tardaron en entrar no partido e anotar tanto. O ataque das carballesas era moi lento e estático deste xeito non atopaban espazos baleiros para anotar. Pola contra, na defensa estaban a realizar un bo traballo pechando ben as zonas do centro, relantizandolle o xogo as locais e  impedindo que anotasen dende a zona de 6-7 metros, pero as locais aparecían con lanzamento exterior o cal as carballesas non foron capaces de frear. Foise o descanso cun resultado 9-8, as do Punta del Este Xiria tiñan que concentrarse en ataque se querían levar os dous puntos.

Comezo da segunda parte e o Punta del Este Xiria en defensa, seguía na súa liña de pechar ben as zonas centrais, polo que volvían a conseguir o mesmo que na primeira parte, relantizarlle o xogo as locais. No ataque as do Punta del Este Xiria comezaban a coller rítmo e atacar os espazos libres dandolle unha continuidade o balón, deste xeito as exteriores e as laterais quedaban soas para 1×1 doado e poder marcar gol. Aínda así, os últimos minutos a defensa das carballesas comezaba a afrouxar deixando que as locais lanzasen dende o exterior sen ningunha saída. Chegaba o final do partido cun resultado 18-15 para as locais.

Repetíase o resultado da primeira volta pero desta vez os dous puntos quedaron en Vigo, unha dura derrota para as carballesas que lles servirá para tomarse os encontros que veñen con moita mais intensidade e seriedade dende o primeiro minuto.

Para o fin de semana que ven o Punta del Este Xiria recibe na casa o Balonmán Cangas, o encontro terá lugar o domingo 24/02 no pavillón Fogar, Carballo as 10:30 da mañá. O encontro presentase difícil o cal as carballesas se enfrontarán con moita forza e concentración para mellorar o resultado da primeira volta que non fora nada malo. As do Punta del Este Xiria teñen que seguir loitando e demostrando a súa valía dentro da pista.