Este pasado sábado 17 de novembro o Punta del Este Xiria de División de Honra Infantil Feminino recibiu en casa ao AD Carballa «A».
O partido presentábase difícil para o conxunto carballes xa que o Carballal vai en primeira posición sendo un dos equipos máis fortes da liga, deste xeito as carballesas teríano difícil.
Comezou o partido cun Punta del Este concentrado en defensa, tentando relantizarlles o xogo ás do Carballal, deste xeito as visitantes tiveron ocasións nas que lles foi difícil finalizar xa que as locais estaban facendo un bo traballo defensivo, aínda así as visitantes atopaban finalización dende fora. As carballesas ao contrario, enfrontábanse a unha defensa aberta 3:3, custándolle moito iniciar o xogo. Os apoios dos extremos e da pivote foron fundamentais para romper con esa defensa, o que ocasionaban situacións de gol. Chegouse ao descanso cun parcial de 7-14.
Comezaba a segunda parte, as do Xiria seguirían o mesmo xogo que viñan realizando na primeira parte. As visitantes comezaron a apertar, aproveitando os descoidos en ataque das do Xiria. A baixa da porteira local Lucía Lema por molestias nas costas foi importante, deste xeito Catalina substituíuna en portería o tempo restante do encontro. O partido finalizou cun resultado 12-29 para as do Carballal.
Encontro no que as do Punta del Este Xiria non deixaron de loitar nin un só minuto, pouco a pouco as xogadoras están comezando a soltarse tanto en defensa como en ataque, polo que o traballo que se está a realizar pouco a pouco comeza a verse.
PUNTA DEL ESTE XIRIA: Stefania, Candela C.(1), Catalina, Coral (4), Duna, Lara H. (1), Lara S.(3), Leticia (1), Lucia, María (1), Natalia (1).
A.D. CARBALLAL «A»: Catherina, Nerea A.(2), Ainhoa S.(1), Helena, Nerea P.(4), Abril, Sela, Carolina(7), Lucía(10), María, Naira, Sara P.(4), Aine, Blanca (1).
O sábado 24 de novembro o Punta del Este Xiria viaxará a Pontevedra para enfrontarse ao SD Teucro Interrias. Un encontro que se presenta moi igualado xa que van empatados por puntos. As do Xiria teñen opcións de facerse coa vitoria, aínda así as do Teucro non llo porán doado, polo que terán que loitar e traballar o encontro como o estiveron facendo ata o momento se queren facerse ca vitoria.


