Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Alevín masculino

O Xiria B, alcanza o subcampeonato na Final Four da Copa Alevín.

Ás 10:30 da mañá do domingo comezaban as semifinais de Cópaa Alevín da provincia da Coruña, en Carballo. A primeira semifinal; disputouse no Vila de Noia e o Xiria B…

Ás 10:30 da mañá do domingo comezaban as semifinais de Cópaa Alevín da provincia da Coruña, en Carballo. A primeira semifinal; disputouse no Vila de Noia e o Xiria B enfrontábase ao Oar Coruña, nun partido onde os anfitrións dominarían de principio a fin, xogando 4 tempos a bo nivel, abrigo en defensa, e gañando cada un deles. Resultado final de 8 puntos a 0.

Primeiro tempo: 8-3// Segundo tempo: 7-1// Terceiro tempo: 5-4// Cuarto tempo: 4-1

Vídeo semifinal:

Ao mesmo tempo; no Fogar, enfrontábanse EM Abegondo e Bm Atlántico. Gañaría Abegondo por 6-2. O primeiro tempo gañaríao o Bm Atlántico por diferenza dun gol, onde os porteiros serían os protagonistas. A partir de aí; Abegondo poñería a lóxica e o podería físico para impoñerse nos seguintes tempos; clasificándose para a final.

Primeiro tempo: 2-3// Segundo tempo: 6-3// Terceiro tempo: 5-3// Cuarto tempo: 5-3

Despois dos resultados que se deron en semifinais, o terceiro e cuarto posto, xogaríano, Oar Coruña e Bm Atlántico. Encontro moi igualado desde o asubío inicial, onde os mozos xogadores loitaban por cada balón e os porteiros renderon a gran nivel. O resultado de 4 a 4 levaríanos a unha prórroga de 5 minutos onde o marcador seguiu en empate; polo que se decidiu en gol de Ouro a favor do Bm Atlántico despois duns minutos moi emocionantes.

Á 13:00 chegaba a hora da final, para o Xiria B e o EM Abegondo. Defensas moi presionantes ao comezo, onde o conxunto visitante sairía con menos dúbidas e daba coa primeira diferenza; pero os carballeses, non lle perdían a cara ao encontro e tratarían de remontar neste primeiro tempo, que ao final llo levou Abegondo. O segundo tempo, dominaríao un Xiria cun gran traballo defensivo. Os dous últimos cuartos gañaríaos Abegondo, xustamente, logrando así o título de campión de Copa por 2 a 6.

Primeiro tempo: 3-5// Segundo tempo: 9-6// Terceiro tempo: 2-10// Cuarto tempo: 5-8

Vídeo Final:

Boas sensacións do Xiria B onde estes nenos comezan a asombrar coas súas ganas por xogar ao balonmán.

A destacar a competitividade que demostraron todos os participantes, o bo nivel de balonmán, o compañeirismo e a amizade, nunha mañá de éxito para todos os asistentes ao evento.

Máis sobre isto