O Xiria Hierros Varela Urbieta cae pola mínima ante o Bm Tui

Partido importante para os intereses do Xiria Hierros Varela Urbieta o disputado este sábado ante Bm Tui, en Carballo.

Puidemos ver moita entrega e sacrificio nun equipo que vai a máis na súa formación. O resultado; unha derrota por un só gol e que deixa para as últimas dúas xornadas de liga, o seguir tentando estar entre as 4 primeiras clasificadas.

A primeira parte, foi igualada ata o minuto 10; mellor momento do partido para as locais que se poñían 3 arriba e obrigaban a Tui a reorganizarse. Despois do parón un Tui, máis acertado de fronte ao gol, conseguía empatar para irse ao descanso 15 a 15.

Na segunda metade, cambiaron tórnalas para os dous equipos. As visitantes puxéronse 3 arriba e foron as do Xiria as encargadas de remontar; pelexando ata o último segundo; onde poderían ter, un penalti a favor nunha xogada final con polémica que se sinalou con saque de porta.

Dous conxuntos parellos de forzas que seguirán pelexando por entrar na clasificación final.

Por último unha boa noticia para o Xiria Hierros Varela Urbieta, que entra nunha semana importante, xa que empeza a baleirar a enfermería despois duns meses complicados e que lles permitirá subir o nivel dos adestramentos a todas as xogadoras e afianzarse o xogo do equipo nos meses de tempada que restan.

Xiria Hierros Varela Urbieta 27 Bm Tui 28

Xiria Hierros Varela Urbieta: Valeria Figueroa (5), Marta Gómez, Nerea Varela (6), Nina Pereira (3), Uxía Suárez, Lucía España,Anna María (1), Lara Otero (5), Ana Pombo, Candela Couto, María Patiño (1), Natalia Cancela.

Bm Tui: Aída Lorenzo (4), Alba De Marcos (2), Alexandra Lemos (3), Carolina Loureiro (3), Iara Andrea Penabad, Inés Martínez, Lucía Pérez, Lucía Troncoso (10), Marta Rendo, Noelia Deza, Salma Eljabraqui (6), Uxía Rodríguez, Uxía Valcarcel.

Árbitros: Gabriel Folgoso do colexio galego.

Incidencias: Partido correspondente á décimo cuarta xornada da 2ª división cadete feminina dispùtado no pavillón Ceip Fogar ante uns 100 espectadores.