Os equipos infantiles do Xiria manteñen a posición na táboa tras unha xornada mellorable
O Xiria comezaba o domingo cunha cita ante OAR no Vila de Noia no que o equilibrio entre ambos conxuntos dominou os primeiros compases do xogo. Pouco a pouco o…

O Xiria comezaba o domingo cunha cita ante OAR no Vila de Noia no que o equilibrio entre ambos conxuntos dominou os primeiros compases do xogo. Pouco a pouco o Maquisaba, coa súa defensa individual, conquistaba as mandos do encontro seguidas ben de preto por un OAR que trocaba entre o 6:0 e o 5:1 con pouca profundidade. O bo traballo defensivo con recuperacións do Maquisaba compensou os numerosos erros de pase e lanzamento para chegar ó vestiario cunha mínima vantaxe (14-12).
Na segunda metade o cansanzo afloraba nas filas verdes, que a pesar de manter o traballo defensivo e a renta no marcador aumentaban os seus erros en ataque. A organización no ataque tornou en precipitación e as malas decisións reduciron a anchura do Xiria, focalizando os esforzos na zona central e favorecendo as tarefas dun 6:0 que aumentaba a súa densidade e deixaba liberadas a unhas extremos pouco efectivas de cara a porta. Non foi ata o minuto 48, aproveitando a superioridade, cando o OAR por fin se puxo por diante no marcador. Sin embargo, co tempo esgotado, un lanzamento dende 11 metros a tempo corrido de Sofía Trigo que eliminou as telarañas da meta devolvía un valioso punto o Maquisaba.
MAQUISABA XIRIA 29 – 29 OAR CORUÑA 1952
Para a derradeira xornada da Fase, o Maquisaba debe viaxar ata Lugo para enfrontarse a un Lucense en horas baixas, mentres que o Viveiro debe encarar a Arteixo para intentar puntuar. O resultado dos encontros decidirá a terceira praza na clasificación.
STREAMING: MAQUISABA XIRIA – OAR CORUÑA 1952
Acto seguido o Tubasys chegaba a Abegondo para loitar ante o cabeza da clasificación a súa derradeira xornada da primeira Fase, sabendo que unha vitoria podería dar a clasificación para o primeiro grupo.
Sin embargo, as locais amosaron a súa condición de favoritas e non deron oportunidade a un Tubasys que non era quen de frenar as tentativas dunha primeira liña físicamente superior. A falta de desprazamento defensivo nos 1×1 deixaba a porta aberta ás laterais do Abegondo, que superaban con forza para chegar a situacións claras de gol. Pola contra, o Xiria atopaba dificultades para superar a defensa 5:1 con escasa profundidade. Os erros de pase de lanzamento se acumulaban, inflando as cifras dunha porteira rival que probou ser efectiva lendo as trayectorias paralelas dos lanzamentos.
O descanso chegaba acompañado de malas sensacións no banco carballés, que acumulaba minutos de alta intensidade e cansanzo no (19-10).
Na segunda metade o Abegondo cambiaba a un 3:3 moi compacto, que centraba máis aínda a defensa en torno ás zonas centrais e daixaba a porta aberta a unhas extremos alevines que non foron quen de batir a unha gardameta superior. Malia todo, as infantiles do Xiria sacaron folgos de donde non había para mellorar o desprazamento defensivo e suplir a diferenza en físico con esforzo nunha situación de cansanzo extremo. Se ben o lanzamento queda como asignatura pendente, o compromiso e a combatividade son xa marca dun equipo ben cohesionado.
CLUB BM ABEGONDO 36 – 24 TUBASYS XIRIA
Para a séptima e derradeira xornada da Primeira Fase, o Tubasys terá un descanso ben merecido sabendo que non periga a terceira praza da clasificación. Deberán agardar ós resultados dos outros grupos para coñecer os rivais da Segunda Fase.


