PRESENTACIÓN DO «V TORNEO INTERNACIONAL DE BALONMÁN CONCELLO DE CARBALLO»

Mañá martes, 2 de setembro, ás 12.00 h, terá lugar na Casa do Concello de Carballo o acto de presentación do «V Torneo Internacional de Balonmán Concello de Carballo» que se disputa os vindeiros 5 e 6 de setembro. Este torneo está roganizado polas Escolas de Balonmán Xiria e o Padroado Deportivo Municipal e conta co patrocinio do Concello de Carballo, Deputación da Coruña, Fundación Deporte Galego, Ifecgás Pereira, Caixanova e Conservas Calvo e coa colaboración da Federación Galega de Balonmán, Policía Local de Carballo e Protección Civil de Carballo. Participarán un total de 16 equipos repartidos en catro categorías distintas: xuvenil, cadete e infantil masculinos e cadete feminino.