Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clube

RENOVACIÓN ADESTRADORES CATEGORÍAS DE BASE

Fernando Vázquez Quinteiro e Pablo Filgueira Carballo continuarán adestrando á base das Escolas de Balonmán Xiria. Os dous adestradores estarán ás ordes do Director Técnico e Deportivo, Marcos Rodríguez, e…

Fernando Vázquez Quinteiro e Pablo Filgueira Carballo continuarán adestrando á base das Escolas de Balonmán Xiria. Os dous adestradores estarán ás ordes do Director Técnico e Deportivo, Marcos Rodríguez, e xunto con Marcos e algún dos xogadores do equipo sénior ocuparanse da preparación dos equipos de base do club carballés, que ano pasado contou con 11 equipos nas categorías de base máis o grupo de prebenxamíns.

O bo traballo desenvolvido por todo o corpo técnico reflectiuse en feitos como que tres xogadores xuvenís do Ifecgás Pereira Xiria debutaron co equipo sénior, o título de División de Honra Cadete do Vipecón Xiria, o 3º posto na División de Honra Infantil do Garaysa Xiria, o título do Campionato Provincial Infantil do Marmolería José Rey Xiria, o 2º, 3º e 4º postos acadados polos tres equipos alevíns (Lk Xiria, Sermani Xiria e Marmolería José Rey Xiria, respectivamente), o título do Campionato Provincial Benxamín do Procasa Xiria ou as múltiples participacións nas convocatorias das distintas seleccións galegas e as de David Garcia coa selección española promesas.

Resultados e cadro técnico da campaña que remata:
– Director Técnico e Deportivo: Marcos Rodríguez
– Sénior 1ª Estatal, Calvo Xiria: Marcos Rodríguez (Subcampión)
– División de Honra Xuvenil, Ifecgás Pereira Xiria: Fernando Vázquez (9º Clasificado)
– División de Honra Cadete, Vipecón Xiria: Fernando Vázquez (Campión)
– División de Honra Infantil, Garaysa Xiria: Pablo Filgueira (3ª Clasificado)
– Campionato Provincial Infantil, Marmolería José Rey Xiria: Pablo Filgueira (Campión)
E.B. Xiria: Marcos Rodríguez (6º Clasificado)
– Campionato Provincial Alevín, Lk Xiria: Jesús Varela (Subcampión)
Sermani Xiria: Marcos Rodríguez/Fernando Vázquez (3º Clasificado)
Marmolería José Rey Xiria: Marcos Rodríguez (4º Clasificado)
– Campionato Provincial Benxamín, Procasa Xiria: Pablo Filgueira (Campión)
Africliber Xiria: Fernando Vázquez (3º Clasificado)
Punta del Este Xiria: Adrián Dubra (5ºClasificado)

Máis sobre isto