Reparto de puntos na Bombonera entre o Seguros Sueiro e SAR

Reparto de puntos na Bombonera entre o Seguros Sueiro e SAR

O encontro prometía igualdade e cumpriu as expectativas. Dende o inicio houbo un intercambio de goles que mantiña unha lixeira vantaxe para o conxunto de Carballo, pero a diferenza nunca superou os tres tantos xa que as locais tiñan que manter a segunda praza na liga Ouro. A reducción do tempo de posesión e varios erros de lanzamento provocaron un aumento do ritmo de partido, que permitiulles as locais penetrar na defensa do Xiria e acadar o empate no derradeiro minuto do primeiro tempo.

Na segunda metade os erros na defensa provocaron que as viguesas atoparan a liña de seis metros rompendo a boa dinámica do partido, poñendo por primeira vez ás locais por riba no marcador co (20-17) no minuto 40. Pocuo durou a situación e o Xiria recompuxo as súas filas para pechar a porta as primeiras liñas verdes. Pouco a pouco o Xiria recuprou o partido ata chegar ó (25-26) no minuto 56. Tras uns intres agónicos no que ningún conxunto atopaba meta, o SAR consigue marcar un gol de nove metros tras blocaxe de dúas xogadoras e petar na man da porteira. De pouco serviu o tempo morto solicitado xa que as de Bergantiños non foron quen de transformar o derradeiro lanzamento na liña de seis metros a pesar de facer un bo traballo colectivo e un partido sólido en todas as facetas.

Digno reparto de puntos que acouga a volta a Carballo no vindeiro ano. Un resultado que moi posiblemente afecte de forma directa á clasificación de ambos conxuntos na liga.

SAR Rodavigo 26 – Seguros Sueiro Xiria 26