Bo partido o que disputaron as nenas do Grupo Lemaco B na súa visita o San Francisco Javier na Coruña, onde se enfrontaban co Bm. Brigantium na sexta xornada do Grupo A da Liga Prata.
As verdes comezaron o encontro moi concentradas, plagadas de baixas pero cas ideas claras e mostrando de novo unha melloría en relación os erros non forzados, minimizando as perdas e aproveitando as súas bazas no ataque. As do Brigantium tentábano pero non puideron en ningún tramo do encontro inquietar no marcador(20-38. Final) a un Grupo Lemaco B que asoma xa nos postos de arriba do grupo.
Na vindeira semana as de Zarra recibirán en Carballo ó Sanxenxo Bm. loitando polo posto da clasificación xa que as pontevedresas se atopan a un so punto das carballesas.


