Segunda vitoria para o Punta del Este Xiria na Liga Prata infantil feminina.
Despois da súa vitoria na pista de Almeiras a semana pasada, o Bm. Brigantium visitou o CEIP Fogar o pasado sábado. As carballesas non foron capaces de abrir distancias no marcador, onde a pesar da boa defensa, non foron quen de superar con comodidade a defensa pechada das coruñesas. A pesar diso, e dun partido de bastantes altibaixos, as carballesas lograron nos últimos intres asegurar o segundo triunfo da tempada (12-10).
Este próximo sábado terán que visitar a cancha dun dos favoritos e actualmente líder, o Bm. Lucense, na búsqueda do liderado do Grupo 1 da Liga Prata.