Seguros Sueiro estrea a Copa Federación con dous puntos en Porriño

O encontro do sábado comezou con poucos ánimos por parte de ambos conxuntos, xa que apenas dez minutos separaban a despedida do Grupo Lemaco A do título ligueiro por un solo gol ante o conxunto cadete porriñés.

Primaban as defensas fronte os ataques mentres as locais acumulaban unha lixeira vantaxe nos primeiros compases do partido, pero os trocos e o paulatina volta da concentración do Xiria devolveu as táboas ó electrónico intres antes do descanso (10-10).

Xa na segunda metade e coas ideas claras, Seguros Sueiro lograba un parcial de 2-8 gracias a unha intensa defensa con saídas pouco profundas e unha Carla eficaz en portería, obrigando as locais a solicitar un tempo e reestructurar o ataque, aínda que pouco puideron facer para deter os ataques dun conxunto verde que remataba o encontro cunha clara vitoria grazas a unha segunda parte sen mácula (19-28).