O Grupo Lemaco queda as portas do título de Prata por un tanto
O Grupo Lemaco A, tras gañar con autoridade todos os partidos da primera fase de Liga, se enfronta ós gañadores dos otros grupos para optar ó título de Liga Prata…

O Grupo Lemaco A, tras gañar con autoridade todos os partidos da primera fase de Liga, se enfronta ós gañadores dos otros grupos para optar ó título de Liga Prata e acceder á eliminatoria pola Final4 Galega. O Porriño xa derrotara a Moaña cunha ampla marxe e a vitoria lle concedería o título, mientres que o Xiria estaba obrigado a puntuar para enfrontar o encontro de Moaña.
Os nervios e a igualdade marcaron os primeiros dez minutos de encontro, pero axiña o Lemaco A poñía terra de por medio co (5-8) e mantiña a distancia ata o tempo morto dun Porriño que reestructuraba as súas liñas para interrumpir as accións de xogo colectivo das de Bergantiños. Por outra banda, o Xiria baixou de súpeto a súa intensidade e renunciaba a baixar ó repliegue tras errar lanzamentos ou sufrir perdas de balón, o que fixo encaixar un demoledor parcial de (0-5) en catro minutos que cambiou o curso do encontro e resultaría fatal no desenrolo do partido.
Os ánimos cambiaron e aumentou a tensión ante a necesidade de remontar o parcial das locais, provocando numerosos erros onde antes existía un sinxelo éxito das accións. O resultado se mantivo estable ata o remate da primera metade (16-13).
Despois do interludio o equipo carballés continuou a súa cruzada e buscou a recuperación de balóns cunha maior profundidade da defensa. Malia que ofreceu máis espacios as atacantes, lograron numerosas oportunidades para correr as contras e chegar as ansiadas táboas no minuto 42. A igualdade se mantiña co Xiria á cabeza durante boa parte do segundo periodo ata que unha serie de malas e precipitadas decisións seguidas de unha desconexión en defensa volveu a poñer ó equipo tres goles por abaixo (28-25) con pouco tempo por diante. Un tempo morto recompuxo o xogo do Grupo Lemaco e tornaron á boa senda, pero non foron quen de levantar o parcial acadado polas pontevedresas e finalizaron as aspiracións da tempada con tan só un gol de diferenza (31-30).
Coa derrota de ambos conxuntos, o encontro entre Grupo Lemaco A – Moaña da vindeira xornada decidirá o segundo posto da Liga.


