Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Noticias do clube

SINATURA DO ACORDO DE COLABORACIÓN ENTRE A CRUZ VERMELLA E AS ESCOLAS DE BALONMÁN XIRIA

Hoxe luns, 6 de setembro, ás 17.30 h, nas instalacións do Pavillón da Zona Escolar, procederase á sinatura do acordo de colaboración entre a Asemblea da Cruz Vermella de Carballo…

Hoxe luns, 6 de setembro, ás 17.30 h, nas instalacións do Pavillón da Zona Escolar, procederase á sinatura do acordo de colaboración entre a Asemblea da Cruz Vermella de Carballo e as Escolas de Balonmán Xiria. Mediante este acordo a recadación integra da venda de entradas dos encontros que dispute o Calvo Xiria na 1ª Estatal serán doadas á asociación benefica que pasará a xestionar a taquilla do pavillón nestes encontros. Como contrapartida haberá presenza de voluntarios da Cruz Vermella, por se houbese algún tipo de incidencia, nos encontros do Calvo Xiria así como no Torneo Internacional Concello de Carballo, evento no que tamén se contará coa presenza dunha ambulancia.

Máis sobre isto