Na tarde do sábado as xuveniles do Balonmán Xiria recibiron ó Brigantium no Vila de Noia. As ausencias de Ainhoa e Carla foron suplidas polo debut de Paula, que estreaba cor verde na camisola.
A igualdade non superou os primeiros compases dun partido no que as locais, lideradas ofensivamente por Sara, chegaban a perforar o 6:0 das coruñesas de forma reiterada. Na faceta defensiva o 5:1 procurou problemas no ataque de Brigantium e recuperou numerosos esféricos para correr as contras. Preto do final da primeira metade a desconexión defensiva do Xiria e a falta de intensidade abriron as portas a un ataque visitante que non atopou resistencia algunha na liña de seis metros, para remontar e chegar ó descanso (17-14).
Na segunda metade, moito máis centradas, as de Carballo saíron cun sólido 6:0 que aportou numerosas opcións para o contraataque, acadando case un 50% de goles de contraataque na segunda metade, chegando ó (39-22) no minuto 60.
O Suevia da a benvida a súa nova xogadora, que estará preparada para a seguinte xornada na casa ante Arousa.
SUEVIA XIRIA 39 – 22 BM. BRIGANTIUM NUNEGAL


