Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Cadete feminino

Vitoria do Grupo Lemaco Xiria B para rematar segundas

GRUPO LEMACO XIRIA B 26 – 23 CARBÓNICAS LANDEIRA S.A. BM XALLAS Partido correspondente á derradeira xornada da fase de grupos da Liga Prata, unha vitoria importante que…

GRUPO LEMACO XIRIA B 26 – 23 CARBÓNICAS LANDEIRA S.A. BM XALLAS

Partido correspondente á derradeira xornada da fase de grupos da Liga Prata, unha vitoria importante que mantén ao equipo Grupo Lemaco Xiria B segundas de grupo.

Comezaba o partido no Vila de Noia con moitas ganas por parte de ambos equipos, que saían con moita enerxía ao terreo de xogo. Ambos equipos amosaron un xogo rápido de balón en ataque, que lles permitía manter a igualdade no marcador durante toda a primeira metade.

Chegaron á segunda metade moi activas en defensa as do Grupo Lemaco, con roubos de balón e provocando lanzamentos moi pechados para as extremos do Xallas. Grazas a esta forte defensa e un ataque moi móvil conseguiron unha importante vitoria fronte a un rival que se amosou moi forte dende o comezo do partido.

A próxima xornada comezarán a segunda fase, onde xogarán do 5º ao 8º posto da Liga Prata fronte aos equipos que remataron tamén en segunda posición no resto de grupos.

Próximo partido

Máis sobre isto