Suevia Logra os Dous Primeiros Puntos da Liga Prata
O grupo Xuvenil do Xiria comezou o partido ante Porriño B con dúbidas na liña de seis metros. A defensa non lograba frenar as tentativas pontevedresas, que atopaban ocos con…

O grupo Xuvenil do Xiria comezou o partido ante Porriño B con dúbidas na liña de seis metros. A defensa non lograba frenar as tentativas pontevedresas, que atopaban ocos con penetracións sinxelas. O encontro chegaba ó ecuador da primeira metade con igualdade no electrónico, pero os trocos deron novos folgos as carballesas e non tardaron en coller os mandos do encontro para chegar o descanso (17-12).
Unha actitude defensiva moito máis intensa e un mellor aproveitamento das transicións permitiron ó Suevia chegar con comodidade a un final de encontro sen moitos contratempos (35-22), acadando a desexada primeira vitoria para o grupo na Liga Prata.
Agora o equipo xuvenil agarda a viaxe ata Culleredo para intentar manter as boas sensacións.


