Toni García novo adestrador do equipo Infantil Feminino

A sección de balonmán da AD Xiria ven de confirmar a fichaxe de Toni García como novo adestrador do equipo Infantil Feminino, Escola de Balonmán Xiria. Ademáis, Toni García realizará outras tarefas relacionadas co traballo das categorías base do clube. Toni García xa formara parte da disciplina do Xiria e, á súa etapa como xogador, sucedeu unha nova como adestrador do primeiro equipo. Con el no banquillo, o Calvo Xiria acadou o ascenso a Primeira Estatal. Logo da súa longa traxectoria no Xiria, emprendeu unha nova etapa coa fundación do Balonmán Carballo, equipo que presidiu e adestrou os últimos anos. Agora volta ao Xiria para dirixir ao equipo infantil feminino e desenvolver un traballo específico coas categorías de base. Complétase así o organigrama técnico do club para esta campaña.

Coordinador da Sección Marcos Rodríguez
Calvo Xiria (sénior) Marcos Rodríguez
Asesoría Sueiro Xiria (xuv masc) Marcos Trigo
Garaysa Xiria (xuv fem) Edu Orgaz
Ifecgás Pereira Xiria (cad masc) Fernando Vázquez
Punta del Este Xiria (cad fem) Edu Orgaz
Procasa Xiria (inf masc) Fernando Vázquez
Esc. Bm. Xiria (inf fem) Toni García
Esc. Bm. Caixanova Xiria (alevín e benxamín) Marcos Rodríguez
Alberto Salgado
Hernán Romano