Ir ao contido
BalonmánXiriaFaite socio

Alevín masculino

Tres vitorias para os alevíns masculinos en Santa Comba

Na mañá de hoxe, os tres conxuntos alevíns de Escolas Balonmán Xiria, desprazábanse á localidade veciña de Santa Comba para disputar a primeira xornada de Minihandbal despois do parón do…

Na mañá de hoxe, os tres conxuntos alevíns de Escolas Balonmán Xiria, desprazábanse á localidade veciña de Santa Comba para disputar a primeira xornada de Minihandbal despois do parón do Nadal. Os máis madrugadores, os nenos do Xiria Telepizza Carballo, foron tamén os que cultivarían un mellor resultado, ao saír vencedores dos catro tempos xogados contra o Alca Ribadosar I e así, conseguir os 8 puntos en disputa. A parte da contundencia do resultado, os xogadores carballeses despregaron un bo xogo cunha intensidade notable, indo de menos a máis e completando un excelente encontro en tarefas defensivas.

Polo Xiria Telepizza Carballo, xogaron: Alex Tato (8), Manuel Rey (4), Álvaro Vila (5), Xurxo Fraga (5), Alberto Rodríguez (6), Manuel Pérez (5), Nicolás García (4), Angel Villar (2).

Alca Ribadosar I – Xiria Telepizza Carballo: 0-8

1º tempo: 3 – 11 2º tempo: 2 – 6 3º tempo: 1 – 12 4º tempo: 2 – 10

Os seguintes participantes foron o LK Xiria e o Laber Xiria, que conseguiron unha vitoria por 6-2 ante o Alca Ribadosar L e o Ribadosar Épsilon respectivamente, ambos os equipos de Santiago. Nestes casos, os de Carballo sufriron a derrota nun dos cuartos, aínda que souberon sobrepoñerse para terminar gañando os seus encontros e seguir na parte alta da táboa de clasificación.

LK Xiria – Alca Ribadosar L: 6-2

1º tempo: 6 – 7 2º tempo: 1****2 – 3 3º tempo: 6 – 1 4º tempo: 13 – 6

Polo LK Xiria, xogaron: Angel Viña (5), Pedro Porteiro (7), Alex Vázquez (4), Lucas Amado, Manuel Múñoz (3), Miguel Cambón (1), Pablo Veiga (14), Miguel Pérez (3).

Laber Xiria – Ribadosar Épsilon: 6-2

1º tempo: 12 – 3 2º tempo: 5 – 7 3º tempo: 10 – 6 4º tempo: 16 – 2

Polo Laber Xiria, xogaron: Mateo (3), Erik Vázquez (12), Marcos (2), Oscar Tasende (9), Samuel Regueira, Hugo García (15), Manuel García, Samuel Veiga (2).

Máis sobre isto